O reitor da USC desbota unha nova facultade para Medicina: “Economicamente non é viable”

A estimación do anterior goberno da USC estaba en 30 millóns de euros e a actual sería de case 70 millóns, por este motivo dependerá da Xunta a realización do proxecto

O reitor da USC, Antonio López, acompañado pola vicerreitora Mar Lorenzo, realizou hoxe no Pazo de Fonseca un almorzo informativo cos medios de comunicación para tratar varios temas de actualidade. A realización dunha nova facultade de Medicina centrou parte do encontro e sobre este tema o reitor anunciou que as contas actuais son ben diferentes ás presentadas polo anterior goberno da universidade.

Antonio López informou que os custes actuais que conlevaría facer unha nova facultade de Medicina eran moi superiores aos datos que tiñan “que non contabilizaban tampouco o material para poñer a andar a propia instalación”.

Por este motivo o reitor anunciou que teñen solicitada unha reunión coa Xunta polo que tanto a construción dunha nova instalación como a rehabilitación da actual seguen en pé á espera do que se acorde nese encontro.

Persoal

Outro dos temas tratados foi o do persoal da USC. López anunciou medidas encamiñadas para “renovarse”. En relación ao persoal investigador asegurou que o obxectivo era mudar a media de idade do actual persoal, que está nos 54 anos, e matizou que a institución ten dificultades para repoñer e realizar novos contratos pola propia lexislación actual.

O reitor tamén exlplicou que pensaban “estabilizar aos actuais interinos” e fomentar a promoción a través da figura do “axundante de doutor”.

Novas titulacións

En relación á creación de novas titulacións na USC o reitor lamentou que a Xunta esixa “a eliminación dunha titulación para crear outras. Formulou casos como o acontecido en Dereito coa intridución de crimonoloxía “na que ambas teñen unha grande demanda”. Coa norma do executivo autónomico López apuntou que “se están mandando a xente a outras universidades, algo que non é razonable”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego