Home Rede Galega de Videoblogues A Nova Escola Galega denuncia un aumento da presenza militar nas actividades escolares

A Nova Escola Galega denuncia un aumento da presenza militar nas actividades escolares

0
A Nova Escola Galega denuncia un aumento da presenza militar nas actividades escolares

A presenza de corpos militares, como o exército, a garda civil e a policía, aumentou nos centros educativos durante os últimos anos. Por esta razón, a Nova Escola Galega lanzou un manifesto no que denuncia esta presenza de corpos militares vinculada á aplicación do “Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nas súas contornas“. O manifesto conta co apoio de organizacións como CIG-Ensino, CUT-Galiza, CNT-Compostela, STEG, Briga, Erguer Galiza, Mocidade pola Indenpendencia (Lugo), Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG) e Asociación Socioeducativa Antonio Gandoy. O integrante da Nova Escola Galega, Santi Quiroga, explica o que está a suceder nunha nova entrada de videologue.