A nova campaña do Comité En Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia busca sensibilizar á sociedade acerca dos prexuízos cara aos doentes mentais. Isabel Quintairos, do Comité En Primeira Persoa, explica que é a sociedade a que pode acabar co estigma. “Nós somos xente normal e polo tanto queremos que se nos trate como xente normal”, explica Quintairos.
Unha das claves é comezar pola educación. Quintairos explícanos que é fundamental ter información para poder detectalo a tempo e que non vaia a máis, coma calquera outro tipo de enfermidade.
En canto aos datos, non se pode falar nin dunha suba nin dunha baixada de doentes mentais. “É como a violencia machista, antes daba vergonza e agora cóntase“, explícanos Quintairos.