A fábrica de aluminios de San Cibrao era pública ata 1998 que, con Aznar no goberno, foi vendida á multinacional Alcoa. Do mesmo xeito, a aeroliña portuguesa TAP pasou a mans privadas no 2015 por indicacións da Unión Europea e do Fondo Monetario Internacional (FMI). Ambas, tras a crise do coronavirus, atópanse nunha grave crise que podería rematar coa súa desaparición. En ambos casos, a solución solicitada é a volta ao público desas empresas.
A nacionalización de empresas que foron privatizadas: os casos da fábrica de Alcoa en Galiza e a aeroliña TAP en Portugal
Alcoa foi privatizada no 98 con Aznar e TAP no 2015 con Passos Coelho por esixencias da UE e o FMI