A mostra elaborada polas artistas Isabel Blanco e Irene Silva, da man da Deputación de Pontevedra, xa se pode ver na sede da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo. ‘Rompe. Xoga en igualdade‘ poderase visitar ata o 7 de xaneiro, de luns a venres pola mañá e os martes e xove, tamén pola tarde.

- Publicidade -

Rompe. Xoga en Igualdade‘ consta de 18 paneis de poesía visual prtoagonizada polas famosas bonecas ‘Barbie’. A exposición pretende “romper” e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e home e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación. Para lograr estes obxectivos hai que “romper” e traballar arreo para evitar a invisibilidade das mulleres.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego