
Un informe do comité asesor da ONU que selecciona os bens Patrimonio da Humanidade alerta de que o proxecto megamineiro en Touro-O Pino podería significar, se vai adiante, a posibilidade de perder a súa distinción porque unha escombreira “sepulta” un tramo. O documento foi presentado en rolda de prensa polas plataformas contra a Mina e en Defensa da Ría de Arousa na que tamén participou o concelleiro compostelán Jorge Duarte.
O camiño Francés podería deixar de ser patrimonio da UNESCO se a mina de Touro vai adiante
Helena Vázquez, membro da Plataforma Mina de Touro-O Pino Non, resumiu o informe e o concelleiro Jorge Duarte lembrou o apoio do Pleno contra a Mina de Touro e a importancia deste documento.
Polos seu lado o Presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, Xoaquín Rubido, preguntou publicamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e ao seu goberno, polos pasos que dará agora que ademais dos informes medioambientais tamén se conta con estes datos patrimoniais.
No informe os expertos sinalan que ademais de quedar sepultado parte do Camiño francés quedarían afectados varios bens catalogados na actualidade.