A Mina de Touro podería incumprir boa parte da normativa europea

A eurodeputada vén de rexistrar unha petición en Bruxelas para que as inistitucións da UE investiguen a "falta de restauración" da antiga mina e os "danos" da proposta actual

O proxecto de explotación mineira de cobre a ceo aberto nos concellos de Touro e O Pino continúa no centro da polémica. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lídia Senra, vén de rexistrar no Parlamento europeo unha petición para que Bruxelas abra un expediente e, deste xeito, investigue tanto os danos que poderá causar o proxecto actual coma a “falta de restauración” da mina que operou entre 1973 1986.

O proxecto vulnera “numerosas” directivas europeas

A mina non se faría se a UE tomase en serio a actual normativa ambiental

Senra denuncia que se está a vulnerar a directiva sobre contaminación das augas e, en consecuencia, unha “morea” de normas que “impediría” a construción da mina “se a Unión Europea se tomase en serio toda a normativa ambiental”. Ana Parga, da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non, lembra que os vertidos da anterior mina “seguen a envelenar” as augas de ámbalas dúas vilas. Asemade, de concretarse o novo proxecto, afectaría a “fincas activas” e “explotacións agrogandeiras” xestionadas por xente nova, así como ao influínte sector turístico de Touro e O Pino por mor do paso do Camiño de Santiago.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O obxectivo de AGE é que a petición realizada sexa aceptada a trámite e unha delegación de representantes da Comisión Europea visite a zona e se decate da “aberrante situación” á que se verían abocados os dous concellos no caso de constituírse a mina.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -