A eurodeputada galega Lídia Senra realizou este sábado un chamamento á necesaria mobilización social continua para lograr frear a mega mina de cobre en Touro e O Pino e facer que tamén as institucións galegas, estatais e europeas se posicionen en contra deste proxecto que “vai destruír máis que beneficiar”. “Non podemos consentir que vaia adiante o proxecto de mega mina de cobre de Touro-O Pino porque ameaza a nosa saúde, contamina o aire, as augas, destrúe o noso territorio e vai acabar con máis postos de emprego dos que vai crear”, asegurou Senra durante a xornada.
A mina de Touro-O Pino é un problema de todos e todas
O proxecto de mega mina de Touro-O Pino pretende explotar 2.000 hectáreas de terreo nun inicio, a través dunha mina a ceo aberto e cunha media de 6 explosións diarias, e cos anos pretenden chegar a 122 quilómetros cadrados de terreo, “é dicir, máis solo que toda a extensión que ocupa todo o concello de Touro”, relatou a membro da Plataforma