‘A mina contamina’ é un libro infantil dirixido ás crianxas de 6 a 12 anos. Trátase dunha iniciativa de sensibilización social sobre os conflitos e impactos ambientais e socioeconómicos asociados ao extrativismo mineiro.
Inclúe un bloque de 10 actividades pensadas para traballar individualmente, en familia ou en grupos así como a peza de teatro ‘A mina contamina ou o que non vos queren contar’, adaptación da propria historia do libro ilustrado. O libro, mesmo sendo autónomo, ofrécese xunto cunha Unidade Didáctica específica que pode ser descargada de graza. O libro foi creado polo Centro de Saberes para a Sustentabilidade e Montescola co apoio da Guerrilla Foundation. O libro ‘A mina contamina’ será presentado este sábado, día 1 de xuño, ás 19.00 horas na Casa da Cultura Avilés de Taramancos en Noia.