A Mesa tramitou máis de 300 queixas da cidadanía galega por discriminacións e vulneracións de dereitos lingüísticos

"É alarmante que quen ten obriga de garantir o respecto dos dereitos lingüísticos da cidadanía encabece a lista de queixas, sendo non só cómplice destas actitudes senón promotora directa", lamenta Marcos Maceira

A Mesa pola Normalización Lingüística aproveitou a publicación do balance da Liña do Galego do 2018 para denunciar as continuas vulneracións do dereito lingüístico que sufrimos os galegos. Desde a organización, chaman a atención sobre a “negativa sistemática a ofrecer atención en galego” e aclaran que se trata dunha “agresión”.

A Liña do Galego é un servizo de balde que ofrece a Mesa para atender consultas sobre os dereitos lingüísticos e tramitar queixas cara as institucións que os vulneran. Así, este mecanismo pretende acabar coa idea de que a exclusión do galego é algo normal e mudar a situación de vulneración dun dereito tan básico como o de ser “atendido no idioma propio”.

En 2018, das 400 mensaxes, 303 foron queixas. O máis destacable, e que a pesar de funcionar baixo a normativa, foi a administración pública a que recibiu o 46% das denuncias. A administración autonómica supera con creces as administracións locais e estatal, e aúna o 45% destas. En particular, A Xunta, os Concellos e o Sergas son, segundo os usuarios, os que máis vulneran os dereitos lingüísticos dos galegos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego