A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou esta fin de semana a súa Asemblea Xeral en Compostela. Na mesma saiu reelixido como Presidente o historiador Marcos Maceira. Coincidindo con esa xuntanza anunciaron que presentarán unha Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.
Marcos Maceira sinalou a Nós Televisión que a diferenza do galego o español conta con máis de 500 disposicións legais que garantir a súa presenza, 200 delas só para o ámbito socioeconómico. Na actualidade hai numerosos conflitos laborais na Galiza que teñen como común denominador a ausencia de leis que garantan a nosa lingua.
“Pérdense moitos postos de traballo por non garantir a opción en galego” Marcos Maceira, Presidente da Mesa
Esta mañá conversamos con @maceiragz sobre a nova ILP impulsada pola @amesanl sobre o uso do galego no consumo https://t.co/DaZvpRLuY2 pic.twitter.com/JREawKJr87
— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 febreiro 2017
ILP a favor dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais
Esta ILP conta co apoio inicial de 120 persoas destacadas de diferentes ámbitos: académico, cultural, deportivo, empresarial, organizacións sindicales e de consumidores. A Mesa comezará unha campaña co obxectivo de reunir milleiros de sinaturas durante os vindeiros catro meses.