
Dende a Mesa pola Normalización Lingüística explican que o galego só se usa nas institucións para certos ámbitos, como é o caso das festas. “Non se nota que os acordos unánimes en relación á lingua estean aprobados nin en vigor e por iso sacamos esta guía“, di Marcos Maceira, presidente da Mesa.
Con esta guía non se busca a homenaxe á lingua, senón permitir, facilitar e impulsar o desenvolvemento da lingua en todos os espazos. “O galego debe estar en todas as áreas”, explica Maceira.
A guía lánzase para poder comezar tamén un proceso de avaliación nos próximos anos. Todos os concellos recibirán unha guía nos próximos días e o seu uso será avaliado a longo prazo.