Na mañá do venres 20 levouse a cabo no Centro Comercial Marineda da Coruña, unha acción de protesta contra Ikea. A xigante sueca exclúe ao galego da súa web e invisibiliza o catálogo na nosa lingua.
Activistas da Mesa pola Normalización Lingüística acudiron ás portas de Ikea e despregaron unha faixa cos lemas ‘Ikea faise o sueco co galego’ e Vi vill ha galiciska pa Ikea, o que vén sendo ‘Queremos galego en Ikea’.
Repartiron folletos aos clientes e puxéronlles o reto de atopar catálogos impresos en galego coa axuda, dun mapa. Como a firma sueca imprime moi poucos exemplares no noso idioma, animaron ás clientes a pasarllo a outras persoas unha vez usado.
Unha xornada de reivindicación lingüística que pon de novo en evidencia, a exclusión do galego na publicidade e nos grandes centros comerciais.