A Mesa pola Normalización Lingüística estrea ‘O tempo meteorolóxico’, o videclip realizado polo ilustrador Miguel Robledo a partir da canción de Magín Blanco para acompañar o fermoso libro ilustrado homónimo que axuda a cativada a identificar os fenómenos meteorolóxicos e o seu nome en galego. Este título forma parte xunto con O abecedario, As aves e Os peixes e outra fauna mariña do proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil, proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario na nosa lingua nesta etapa.
O videoclip está dispoñíbel en youtube e o libro O tempo meteorolóxico pódese mercar nas librarías do país e mais na web da Mesa por 7,20 € para persoas socias e 8’55 € para público xeral. Hai un anaco dispoñíbel para consulta aquí.