Home Programas Espazo Aberto A Mesa esixe que o Estado deixe de reproducir prexuízos contra o galego

A Mesa esixe que o Estado deixe de reproducir prexuízos contra o galego

0
A Mesa esixe que o Estado deixe de reproducir prexuízos contra o galego

Este mércores ducias de persoas se concentraron na Delegación do Goberno na Coruña esixindo respecto e “liberdade” para o galego, despois de que o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades  excluíse os traballos en galego dos Premios Arquímedes.

O galardón está destinado ao estudantado universitario en universidades españolas que impartan titulacións oficiais, tanto estudos de grao como mestrados, máis nas bases destacaban: “El trabajo de investigación debe estar redactado en castellano.”

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, anunciou tamén que a entidade pediu unha reunión co ministro de ciencia para reclamar que desde a administración estatal deixe de reproducir “prexuízos e unha certa consideración de inferioridade das linguas diferentes do castelán.”

Maceira engadiu que se trata dunha “discriminación evidente que vai en contra do artigo 10 da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas, ratificada polo Estado español en 2001.”