A Mesa esixe que a app do Ministerio para a Covid inclúa o galego: “O Estado pensa que a Covid só entende español e inglés”

"Temos dereito a recebermos información, atención e axuda sobre a Covid en galego", sinala Marcos Maceira

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a App “Radar Covid” creada polo Ministerio de Sanidade do goberno do Estado para que a poboación faga seguemento da situación da pandemia ao seu arredor está dispoñíbel só en español e en inglés, ignorando todas as linguas co-oficiais. “O Estado pensa que a Covid só entende español e inglés, mais a loita contra o virus faise tamén en galego”, asegura o presidente da Mesa, Marcos Maceira.

A Mesa, que tramitou unha queixa a través da Liña do Galego pedíndolles ás institucións sanitarias que rectifiquen. “Temos dereito a recebermos información, atención e axuda sobre a Covid en galego”, recorda Marcos Maceira, a pesares de que nin o goberno de Galiza nin o de España o respecten.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego