Home Programas Espazo Aberto A Mesa do Parlamento constitúe o Grupo Mixto que se incorporará aos poucos á vida parlamentaria

A Mesa do Parlamento constitúe o Grupo Mixto que se incorporará aos poucos á vida parlamentaria

0
A Mesa do Parlamento constitúe o Grupo Mixto que se incorporará aos poucos á vida parlamentaria

A Mesa do Parlamento de Galicia acepta a constitución do Grupo Mixto do que formará parte Luís Villares e os seus fíns tras a ruptura do grupo parlamentario de En Marea. O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, explica que vai examinar a conformación do Grupo e para iso quere escoitar o que opina a Xunta de Portavoces. Isto significa que se terá en conta o posicionamento de todos os grupos parlamentarios.

Polo de agora, Santalices xa trasladou aos demais membros da Mesa unha proposta na que inclúe un espazo específico para o Grupo Mixto na planta baixa das dependencias que ata o de agora viña utilizando o Grupo de En Marea, seguindo criterios de proporcionalidade. Os traballos necesarios para separar ese espazo desenvolveranse durante o verán e, ademais de procurar que teñan o menor custe posible, evitarase que afecten á estrutura do edificio.

Con isto, prevese que o Grupo Mixto comece a súa incorporación progresiva á vida parlamentaria. Unha vez constituído, poderá rexistrar iniciativas que estarán en disposición de ser incorporadas a orde do días dos diferentes órganos unha vez transcorridos os prazos regulamentarios establecidos. A Mesa e Xunta de Portavoces do vindeiro 2 de xullo poderá acordar, previsiblemente, a composición das comisións, a composición da Deputación Permanente e os cupos de iniciativas que lle correspondan ao Grupo Mixto.