Home Espazo Aberto Lingua A Mesa convoca unha mobilización contra a exclusión do galego polo Ministerio

A Mesa convoca unha mobilización contra a exclusión do galego polo Ministerio

0
A Mesa convoca unha mobilización contra a exclusión do galego polo Ministerio
Manifestación. Estreleiras.

A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración este xoves 11 de setembro ás 12 horas diante da delegación que o goberno español ten na cidade da Coruña baixo o lema ‘Liberdade para o galego’ para denunciar a exclusión da nosa lingua por parte do Ministerio de Educación tras convocar os Premios Arquímides, un galardón para traballos universitarios do Estado, só para publicacións en lingua castelán.

O premio está destinado ao estudantado universitario matriculado durante o curso 2018-2019 en universidades españolas que impartan titulacións oficiais, tanto estudos de grao como mestrados. Iso si, ningunha das investigacións poden estar en galego, catalán ou euskera xa que destacan nas bases que: “El trabajo de investigación debe estar redactado en castellano.” Esta discriminación contra o galego provocou a indignación nas redes sociais e leva á Mesa pola Normalización Lingüística a convocar esta mobilización.