A memoria histórica de Díaz Baliño e Díaz Pardo exhíbese en Santiago

O Pazo de Fonseca acolle “Con Galiza sempre no horizonte”, unha viaxe ao traballo destes dous persoeiros que rachou a guerra civil e reviviu co Instituto Galego de Información

O Ateneo de Santiago e a USC traen ao Pazo de Fonseca a exposición “Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Gómez Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela ”, unha viaxe á nosa historia contemporánea a través da vida e da obra de pai e fillo entregados de cheo ao traballo de dignificar e espallar a idea dun país que a guerra civil rachou.

A exposición, comisariada por Xosé Ramón Fandiño Veiga e Gloria López López, recupera obxectos que xa forman parte da nosa memoria histórica, unha das arelas do propio Díaz Pardo, como explica Fandiño Veiga a Nós Televisión.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“É inexplicable que se estea destruíndo legado de Isaac Díaz Pardo”

A mostra repasa con moita información gráfica e documental toda a actividade vital e artística desde 1920 ata 1936, nunha primeira parte, dos dous para logo continuar nunha segunda parte co traballo intelectual e artístico de Díaz pardo desde que marchou de Compostela ata a súa última actividade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -