A meiga roubasoños
A

Lendo na Baía con Pablo Nogueira

As nenas e nenos da vila andan tristes, estánlles roubando os soños que os facían felices e xa non saben de que falar; mesmo o sol brilla menos.

Por que  Taparuxa lles fai iso? Como impedirllo? Entra nesta historia para descubrilo, a ti tamén che pode pasar .

Este conto, ademais, anima a xogar coas palabras para conseguir unha perfecta pronunciación desas sílabas máis difíciles.

Como é habitual Manuel Uhía acompaña a Pablo Nogueira e a Nube Branca debuxando a historia.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'