A Marea Atlántica quere que se devolvan as retribucións do pleno da Autoridade Portuaria

Consideran unha “burla” que cobren os dez membros do consello que aprobaron a venda dos terreos da Solana e o Hotel Finisterre “con fins especulativos”

A Marea Atlántica pediu que o resto de membros que asistiron ao Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña do 22 de decembro de 2016 na que se aprobou a venda dos terreos da Solana e o Hotel Finisterre sigan o camiño do concelleiro de Rexeneración Urbana do Concello da Coruña, Xiao Varela, e renuncien ás dietas.

A medida coincide coa práctica habitual desta formación e consideran que neste caso deberían tela en conta o resto de partidos. Nesa data as dez persoas que asistiron ao pleno recibiron 747,88 euros brutos por cabeza por aprobar unha medida que, desde Marea Atlántica, consideran especulativa.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

7.478,80 euros

Segundo denuncian desde Marea Atlántica aquela xuntanza custoulle ao Porto da Coruña 7.478,80 euros en cartos públicos, unha cantidade que consideran “esaxerada e innecesaria”. A reunión durou dúas horas e o seu custe revelouse logo dun ditame do Consello Estatal de Transparencia e Bo Goberno, previa solicitude, obrigou a revelar esta información.

Marea Atlántica tamén facilita a listaxe de beneficiarios destas dietas, entre eles varios altos cargos de gobernos do PP, como a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato; o delegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán; o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo; a secretaria xeral do Mar da Xunta de Galicia, María Isabel Concheiro; a delegada da Xunta na Coruña, Belén Docampo e o representante de Puertos del Estado, Álvaro Mora.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -