Home Programas Espazo Aberto A Marea Atlántica nomea nova coordinadora

A Marea Atlántica nomea nova coordinadora

0
A Marea Atlántica nomea nova coordinadora
Asemblea da Marea Atlántica. Foto: MA

A asemblea da Marea Atlántica nomeou á nova coordinadora da plataforma cidadá, composta por 16 persoas, 9 mulleres e 7 homes, para reforzar a organización de cara á vindeiras eleccións municipais. A organización política coruñesa segue, deste xeito, a liña marcada no mes de xaneiro pola denominada Marea Viva.

Segundo explican desde Marea Atlántica nun comunicado a idea é “reforzar a confluencia cara as eleccións de 2019, acompañar as loitas sociais na rúa, coidar e estender o modelo municipalista en clave metropolitana e apoiar as políticas transformadoras do goberno municipal”.

As portavocías recaerán, desde agora, en Sabela Pérez e Xan Xove. O resto da coordinadora estará formada por Carmela Diz, Antía Paz, Cristina Díaz, Carlos Nogueira, Xulio Vázquez, María Martínez, Iago Martínez, Loli Patiño, Eva García, Carmen Armada, Mariano Fernández, Daniel R. Cao, Adrián García e Victoria Mejuto.