A Manu Chao non lle gusta a megaminería

O músico e activista participa no movemento contra a megaminería en Arxentina e amosou o seu rexeitamento á mina de Touro.

Nos últimos tempos, o músico e activista Manu Chao vén de amosar o seu apoio ao movemento contra megaminería de Arxentina. Fíxoo contra os proxectos na Pampa, denunciando a represión ás comunidades orixinarias e o modelo arxentino, que hoxe tamén afecta a Galicia: “Frente ao modelo mineiro enerxético en América Latina, unha vez máis dicimos: Basta! A megaminería non ten licencia social!”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Nos últimos días houbo revoltas tamén na provincia de Mendoza, unha zona seca e cunha loita histórica polo dereito á auga. Tras unha modificación da lei reguladora da actividade mineira na provincia, agora permitirase o uso de substancias químicas como cianuro nas explotacións, entre outras modificacións que o movemento social considera perigosas para a provincia e polo que piden o veto á lei 7722.

Manu Chao, de familia galega, amosou tamén nas súas redes sociais o seu apoio ao movemento veciñal contra o proxecto Touro e compartiu a petición de Change contra a mina. O activista, só en Facebook, ten máis de 2’3 millóns de seguidoras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -