Home Programas Área Compostela “A maioría dos locais non están molestando”

“A maioría dos locais non están molestando”

0
“A maioría dos locais non están molestando”

Quixemos tirar do arquivo de Nós Televisión para recuperar unhas pequenas entrevistas a veciñas e veciños do casco vello así como tamén a representantes de diversas asociacións sobre a necesaria convivencia entre o lecer e o descanso nocturno.

Coa recente polémica suscitada pola Xunta de Galicia tras levar ao Concello de Santiago aos xulgados pola recente normativa de ruídos e que posibilitaba con carácter xeral que os locais de ocio puideran  ter música ao vivo sen medo a importantes multas económicas, queremos recuperar estas entrevistas realizadas pouco antes do proceso de diálogo aberto polo Concello de Santiago e que deu como resultado a normativa actual.