A loita por unhas pensións dignas volve á rúa

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO afirma que seguirán alerta das decisións que tome o goberno español e anuncia mobilizacións

O cambio de goberno no Estado español non indica que o problema das pensións estea resolto. As e os pensionistas e xubilados seguen con atención os movementos que se dan desde Madrid e esixen unha revalorización das súas pensións.

Hoxe mesmo tivo lugar unha reunión en Compostela da Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO para analizar a situación. Un dos seus membro, Tito Ucha, sinala que malia a satisfacción pola volta ao Pacto de Toledo non permitirán que as presións de PP e Ciudadanos modifiquen as promesas que fixo Pedro Sánchez.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Desde a Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO critican a xestión que fixo PP da caixa de pensións, un dos alicerces neste tema.

Os sindicatos criticaron en anteriores mobilizacións que en Galicia a pensión media é 788,5 euros, moi lonxe dos 918 euros da media del Estado. Ademais o 64% das pensións no noso país non chega ao Salario Mínimo Interprofesional.

CCOO e UXT convocarán mobilizacións os vindeiros días 1 e 2 de outubro en todo o Estado español. Segundo explica CCOO en Galicia terán lugar o día 2 de outubro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -