Aproveitamos o descanso de verán da equipa de Espazo Aberto para repasar os tres informativos de Nós Televisión que foron máis comentados, compartidos e visualizados na rede social de Youtube. Lembramos que tamén podedes atopalos no noso Facebook!
O pasado 10 de xuño, abriamos o Espazo Aberto coa voz da activista Sara Outeiral que contaba a cámara a súa experiencia como superviviente da violencia machista. Outeiral apuntaba á necesidade de expulsar aos agresores das institucións.
A denuncia dunha agresión racista policial en Compostela marcou o Espazo Aberto emitido o 17 de xullo.