O equipo de Ecoloxistas en Acción a bordo do Diosa Maat emprende o seu camiño de regreso a Cantabria tras dous meses de campaña advertindo dos riscos do turismo e a sobrepesca, ademais de visibilizando as diferentes loitas que se levan a cabo nos territorios do Estado contra a contaminación, como por exemplo a loita contra o proxecto mineiro en Touro e O Pino. O veleiro insignia de Ecoloxistas en Acción visitou Galicia durante o mes pasado de xullo no que recibiron a colectivos como a Plataforma da Mina Touro-O Pino NON ou Asociación pola Defensa da Ría (APDR) coa que subimos o equipo de Nós Televisión ao barco para falar da situación a ría de Pontevedra. Logo de dous meses de campaña, o barco volve a Cantabria onde porán fin á campaña de verán por un turismo e pesca sostible. Iso si, sen deixar de visibilizar ningunha loita como podemos ver neste chío do equipo de veleiro no que se ve ao capitán, Luis Espejo, coa camiseta da Plataforma contra a mina de Touro.
El capitán Luis Espejo dando una clase de nudos a las nuevas voluntarias ?⛵⚓ pic.twitter.com/YPI5wlO44e
— Velero Diosa Maat (@VeleroDiosaMaat) August 13, 2019