O Concello ven de crear o I Premio ‘Ponteareas, lingua e empresa’, unha iniciativa co obxectivo de recoñecer publicamente o uso e fomento do galego por parte de empresas, autónomos e profesionais que teñan a súa sede social ou un centro de actividade no concello de Ponteareas. As propostas deben enviarse ao seguinte enderezo web: premioslinguaempresa@ponteareas.gal.
“Normalizar o uso da lingua galega a nivel profesional e promover o seu emprego na actividade económica así como estender o seu uso nas relacións laborais, comerciais e empresariais, e recoñecer publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector son as premisas deste premio”, explica o concelleiro, Fernando Groba.
O xurado estará formado por un/unha representante do concello, un representante dunha asociación en defensa da lingua, unha entidade que xeneralice o uso do galego na empresa e un/unha representante do eido empresarial, tamén do comercio. Nesta primeira convocatoria establecense tres premios: uso continuado da lingua galega, incorporación recente ao uso da lingua galega e traxectoria do uso da lingua galega ao longo de décadas.