Doce novos estabelecementos de todo o Estado veñen de obter o selo “librarías de calidade’, entre eles a Libraría NUMAX que se converte na quinta libraría galega en acadalo. A certificación, que outorga Acción Cultural Española e a Asociación de Cámaras do Libro de España, recoñece a importancia das librarías na cadea do libro cada ano xunto o seu papel como axentes culturais necesarios para a existencia de pluralidade editorial e o fomento da lectura.
Desde que se puxo en marcha este certificado foron máis de 220 as librarías de toda España que realizaron a auto avaliación previa ao inicio do proceso de concesión do distintivo. Polo de agora 110 librarías contan co selo, das cales só 6 son galegas, e por primeira vez, dúas delas de Santiago de Compostela.
En 2019 NUMAX, que cumprirá en 2020 cinco anos de existencia, acadou un estoc dispoñíbel de sete mil títulos diferentes e máis de 30 mil títulos no seu catálogo, sempre en crecemento.