Home Programas Espazo Aberto A Lei sobre protección por Desemprego de En Marea pasa o seu primeiro trámite no Congreso

A Lei sobre protección por Desemprego de En Marea pasa o seu primeiro trámite no Congreso

0
A Lei sobre protección por Desemprego de En Marea pasa o seu primeiro trámite no Congreso

A progresiva perda de dereitos das persoas que quedaran sen traballo motivou que En Marea presentara unha Proposición de Lei sobre protección por desemprego. A Proposiciónconseguiu sair adiante cos votos do PSOE, Unidos Podemos, ERC, PdCat, Compromís, EH Bildu, aínda que tivo a abstención de Ciudadanos e o PNV e o voto en contra do PP.

A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, foi a encargada de defender esta iniciativa no pleno. Díaz argumenta que “cando máis precisaban protección, máis recortaba o Goberno as prestacións por desemprego. Deixaron de gastar en materia de desemprego máis de 48.000 millóns de euros, o que costou o rescate á banca. Este rescate pagárono as persoas en desemprego.”

Unha vez pasado este trámite abrirase un período de negociacións e emendas ata que volte de novo ao pleno para a súa aprobación definitiva.

Aumento do subsidio

A Proposición de Lei procura recuperar algúns dos dereitos que tiñan as persoas desempregadas como o subsidio para maiores de 55 anos, para que se rebaixe a idade e volte aos 52. Tamén modificaría a contía da prestación de desemprego co 70% da base reguladora durante toda a prestación.

Ampliariase a protección por desemprego ao traballo no fogar familiar, fixos discontinuos e eventuais agrarios por conta allea, e unha modificación na prestación de desemprego nos contratos a tempo parcial que afectan principalmente ás mulleres.

Outra das medidas máis chamativas sería o aumento do subsidio de desemprego que se elevaría de 430€ a 538€ ou 683€ no caso de que conten con cargas familiares.

Por último as persoas menores de 30 anos, terán dereito á prestación a partir de 180 días cotizados, a metade que na actualidade.