O concello perdeu persoal cos anos e sen a súa recuperación non se pode manter en condicións un servizo público eficiente no concello. A chamada “Lei Montoro” está a facer moito dano nos municipio do Estado e Compostela non é unha excepción. Explicouno hoxe en rolda de prensa a concelleira de Economía, Facenda e Administración, María Rozas, ao facer balance da política de persoal e contratación do Goberno local dende o comezo do mandato.
Nos últimos catro anos do anterior mandato perdemos case 100 postos de traballo
.@maria_rzs solicitou a eliminación das limitacións existentes para a contratación de máis persoal nos concellos https://t.co/twyPBJsRjr pic.twitter.com/iWQMFgLS0N
— Nós Televisión (@NosTelevision) 9 de agosto de 2017
A concelleira de Economía, Facenda e Administración non entende que con 8 millóns de euros de superávit os concellos non teñan a liberdade de dispoñer deles para mellorar a calidade dos seus servizos e teñan que externalizar moitos deles. En todo caso explicou que o goberno local fixo as contratacións que lle permitía a lei.
O Concello de Santiago contra a “Lei Montoro”
Hai un desmantelamento interesado da administración local
A concelleira de Facenda e Persoal aproveitou ademais para reivindicar, agora que se está a traballar na Lei de Orzamentos do Estado para o 2018, a eliminación das limitacións existentes para a contratación de máis persoal nos concellos.
O concello paga máis de 138.000 euros en horas extras pola falta de traballadores