Home Programas Espazo Aberto A Lei de Impulso Demográfico, máis unha nova norma sen consenso parlamentario

A Lei de Impulso Demográfico, máis unha nova norma sen consenso parlamentario

0
A Lei de Impulso Demográfico, máis unha nova norma sen consenso parlamentario

A oposición fala con preocupación sobre a crise demográfica en Galicia. O PSdG salienta a caída da natalidade nun 30% dende 2008. “Estamos nos mínimos dende a entrada de Feijoo. No ano pasado Galicia alcanzou o mínimo absoluto de nacementos”, di Xoaquín Fernández Leiceaga.

O BNG fala deste anteproxecto de lei como “unha lei de moita propaganda e poucas solucións”, di Ana Pontón. Ambos grupos parlamentarios destacan algúns dos factores que frean a natalidade: o traballo, a precariedade laboral, os horarios e a emigración, entre outros. Pola súa banda, o PP considera que se trata dunha lei ambiciosa. “É a primeira vez que se aproba unha lei así, polo tanto somos ambiciosos”, explica Pedro Puy.