Home Programas Área Compostela “A implicación das familias é fundamental para o éxito dos colecamiños”

“A implicación das familias é fundamental para o éxito dos colecamiños”

0
“A implicación das familias é fundamental para o éxito dos colecamiños”

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a oficial da Policía Local Diana Parente presentaron en rolda de prensa a Memoria Anual de Actividades de Educación Viaria do corpo municipal. A Policía Local, no curso 2015-2016 chegou a 2.158 persoas a través de accións teóricas e prácticas nos centros escolares, charlas en colexios de educación especial, e outras actividades. Diana Parente salientou a importancia da implicación das familias para o éxito das actividades.

A oficial da Policía Local explicou que neste curso o obxectivo “é consolidar as actuacións iniciadas o ano pasado, e ir poñendo en marcha novas iniciativas”

ao longo do curso pasado, a Policía Local levou as súas actividades de Educación Viaria a 20 centros de ensino regular de Compostela, en concreto aos cursos de 4º e 6º de Primaria. Nos módulos teóricos participaron 1.281 nenos e nenas, e 601 fixérono nas actividades prácticas. A Policía Local tamén estivo en catro centros de educación especial, os de ASPAS, López Navalón, A Barcia e Down Compostela, chegando a 206 alumnos e alumnas.