O ‘cura de Xestoso’ esixe á igrexa xerárquica que ceda “as súas casas, os seus templos e os seus colexios” ás autoridades sanitarias. Lembra que en moitos casos, eses bens foron recibidos por doazóns e foi a “igrexa xerárquica” quen inscribiu propiedades que non lle pertencían.
“O valor das aldeas”
Patiño lembra a “alegría” que supoñen as aldeas e a importancia do contacto coa natureza, ao tempo que fai un chamamento ás administracións: “As aldeas non se baleiran, baléiranas eles. Non hai os recursos e servicios suficientes. Aquí acumúlase todo nas cidades e nas vilas grandes.”
Ademais, aínda que o rural está menos afectado por esta crise sanitaria, Luis Anxo conta a experiencia dunha persoa falecida en Xestoso por mor da Covid19 e a dor de despedirse dos seres queridos nestas circunstancias.