Home Programas Área Compostela A hostalería aposta pola recollida selectiva de envases lixeiros

A hostalería aposta pola recollida selectiva de envases lixeiros

0
A hostalería aposta pola recollida selectiva de envases lixeiros

Concello de Santiago, Xunta de Galicia e Ecoembes presentaron este martes, na tapería Castelao, o proxecto para a mellora da recollida selectiva de envases lixeiros nos locais de hospedaxe e restauración. Deste xeito, as Administracións facilitarán aos comercios participantes contedores de reciclaxe e a información precisa para unha correcta recollida de lixo. A iniciativa iníciase coa colaboración de 148 locais do Ensanche compostelán.

Exportar o modelo ao resto do país

En vista do crecente éxito do proxecto, o Concello tentará sumar nas vindeiras datas a locais de hostalería de toda a cidade, namentres a Xunta vaino promocionar noutras vilas e cidades de Galicia coma Padrón, Vilalba ou Monforte de Lemos, segundo indicou a directora xeral de Calidade Ambiental da Xunta, María Cruz Ferreira.

Éxito na recollida de vidro

O concelleiro compostelán Xan Duro deu conta do éxito de campañas de reciclaxe anteriores coma o programa de recollida de vidro “Porta a porta” nos establecementos da cidade histórica, que permitiu acadar 1900 toneladas deste material.