A cidade da Habana cumpre este mes 500 anos. Unha cidade con enorme relevancia na historia de Galicia, sobre todo despois do séxulo XIX. Nela resoaron os movementos sociais e políticos desenvolvidos na nosa terra: dende o rexionalismo até o agrarismo e nacionalismo. Dende alí sostívose, por exemplo, a Academia Galega. E así, estes 500 anos da Habana son motivo de celebración en Cuba e tamén na nosa Galicia.
Co motivo deste 500 aniversario, o Consello da Cultura Galega celebra hoxe e mañá o Congreso ‘A Habana galega: Historia e memoria cruzadas‘ na que participarán Julio César González Pagés, Cira Romero e Sergio Guerra, as tres pertencentes á Universidade de La Habana, ou José C. Moya da Columbia University, ademais das estudosas da USC, como as docentes Pilar Cagio ou Xosé M. Núñez Seixas.