A industria en Galicia ten, como mínimo, duplicado o prezo da electricidade en comparación ao resto de Europa. Isto trae un problema inmediato: o peche das empresas e polo tanto o despedimento dos traballadores e traballadoras. Os comités de empresa de Alcoa en A Coruña e San Cibrao, de Ferroatlántica en Sabón e Cee-Dumbría, e de Celsa Atlantic en A Laracha unen as súas forzas para reivindicar unha tarifa que lles permita competir en igualdade de condicións con outros países.

“O risco é pechar a industria, e un país sen industria non é un país”, di Alberto Ferreiro, o presidente do comité de empresa de Ferroatlántica en Sabón. Todas as empresas están a afrontar os mesmos problemas e piden que saia de inmediato un estatudo que trate a regulación eléctrica para así salvar a industria e aos traballadores.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Yolanda Díaz, deputada por En Común-Unidas Podemos, di que “ningún país deixaría caer un sector clave para a economía e para a sociedade como o é a industria”. Á manifestación tamén acudiron representantes políticos como Antón Sánchez, de Anova, e Luís Villares, de En Marea.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -