Home Programas Área Compostela “A Giococha”. Así é a Mona Lisa do cocido

“A Giococha”. Así é a Mona Lisa do cocido

0
“A Giococha”. Así é a Mona Lisa do cocido

A Mona Lisa do cocido galego, “A Giococha” poderáse contemplar desde o sábado 2 de marzo no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa de Lalín. O artista compostelán Deiviz Kostoya versiona a coñecida obra do maestro italiano Leonardo da Vinci co prato estrela da gastronomía galega. A pintura enmárcase dentro da Festa do Cocido, nunha nova edición de EmporcArte, a mostra artística que reúne a artistas galegos para homenaxear este prato.

“A Giococha” (ou “A Gioporca”), pintada en acrílico sobre lenzo e de tamaño similar ó cadro de da Vinci, fusiona o retrato da Mona Lisa coa cabeza dun porco, rodeándose dun mosaico de chourizos, garavanzos e patacas. Asimesmo, as roupas en tonos verdosos evocan ás verduras que se sirven coa popular comida. En palabras do autor: «o porco é un ingrediente famoso na nosa gastronomía, por iso decidín fusionalo coa obra de arte máis famosa de todos os tempos». Ademáis do parecido á Mona Lisa orixinal, Kostoya destaca que a súa pintura tamén consegue o efecto de seguir ó espectador coa mirada.

Deiviz Kostoya, artista plástico nado en 1989 en Santiago de Compostela, é membro da Asociación galega de arte e cultura (Agaec), e é recoñecido por fusionar grandes obras do arte universal con aspectos, iconos e personaxes da cultura galega, creando obras como: “O Berro das Marías” ou “A noite estrelada de Compostela”. Actualmente ten unha exposición permanente coas súas obras e outros traballos nun posto de arte no corazón da zona monumental de Santiago de Compostela.