Home Programas Espazo Aberto A Garda Civil detén catro indepentistas no marco da Operación Lusista

A Garda Civil detén catro indepentistas no marco da Operación Lusista

0
A Garda Civil detén catro indepentistas no marco da Operación Lusista

A Garda Civil detivo esta fin de semana catro persoas pertencentes ao movemento independentista no marco da Operación Lusista que dirixe a Audiencia Nacional. Segundo trascendeu, vincúlanlle delitos de pertenza ou colaboración con Resistencia Galega. Dúas das persoas arrestadas serían Antom G. M., alias Toninho, e Asunción L.C. que se atopaban en “busca e captura” dende o ano 2006 ao ser consideradas pola AN “máximas responsables de Resistencia Galega”. Ao mesmo tempo, tamén detiveron outras dúas persoas ás que lle poderían vincular un delito de “colaboración”. Nestes momentos, están sendo trasladadas á Audiencia Nacional.

Dende Causa Galiza critican os catro arrestos, que consideran unha “nova montaxe policial contra o independentismo organizado”. Ao mesmo tempo, dende o movemento antirrepresivo convocáronse mobilizacións de solidariedade coas persoas detidas este luns ás 20.30 horas nas localidades de Compostela, Ferrol, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Burela, Ourense e Lugo.