Home Programas Espazo Aberto A galega escribenta das canaveiras, en risco de extinción

A galega escribenta das canaveiras, en risco de extinción

0
A galega escribenta das canaveiras, en risco de extinción

A escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) é un paxaro que está en perigo de extinción. O seu hábitat son as áreas de borde entre as canaveiras e os terreos abertos. Co abandono de explotacións agrícolas ou co exceso delas esta ave foi desaparecendo da cornisa norte da Península Ibérica e na actualidade só vive en algunhas zonas de Galicia e Portugal.

En 2009 a Sociedade Española de Ornitología nomeouno Ave do Ano pero esta distinción non foi suficiente para frear a súa desaparición. Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, explica que hai un plan de recuperación pero que non está operativo por mor do orzamento. Ademais, “A Xunta tolera actividades que son prexudiciais para a supervivencia desta especie“, explica Serafín González.