A gala da entrega dos Premios aRi[t]mar encherá de poesía e música galego-portuguesas o Auditorio de Galiza este 4 de decembro. Nesta edición dos galardóns que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Compostela o palmarés está composto polas Tanxugueiras, por ‘Non mo neguen’, e Os Azeitonas, por ‘Efeito do Observador’ como músicas gañadoras de Galiza e Portugal respectivamente.
En tanto ás poesías gañadoras a gañadora galega é Susana Aríns por ‘E isso é o amor’ e Marta Chaves con ‘Fachada’. Así falabamos con ela logo de saber que gañara o premio desta edición.
O premio especial do xurado á embaixada da amizade galego-lusófona é para Uxía Senlle. A maiores, a gala contará cun dos artistas galegos máis queridos polo público, Carlos Blanco.