Home Programas Espazo Aberto A gala a[R]itmar, a ponte galego-portuguesa que construíu a música e a poesía

A gala a[R]itmar, a ponte galego-portuguesa que construíu a música e a poesía

0
A gala a[R]itmar, a ponte galego-portuguesa que construíu a música e a poesía

Hai cinco anos entraba en vigor a Lei Paz Andrade “para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía” que tamén ten por obxectivo aproveitar o galego como unha lingua de utilidade internacional. Vinculado a este proceso, naceu o aRi[t]mar Galiza e Portugal, un proxecto que xorde na Escola Oficial de Idiomas como acompañamento dunha demanda social na procura dos vínculos coa lusofonía. O obxectivo é xerar un maior contacto entre as dúas beiras do Miño a través da poesía e da música.

A gala da entrega dos Premios aRi[t]mar encherá de poesía e música galego-portuguesas o Auditorio de Galicia este 4 de decembro. Nesta edición dos galardóns que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Compostela o palmarés está composto polas Tanxugueiras, por ‘Non mo neguen’, e Os Azeitonas, por ‘Efeito do Observador’ como músicas gañadoras de Galiza e Portugal respectivamente.