Home Programas Área Compostela A fórmula de Talentia 2018 funcionou

A fórmula de Talentia 2018 funcionou

0
A fórmula de Talentia 2018 funcionou

O encontro Talentia 2018 pechou hoxe as súas portas superando todas as espectativas. Neste evento déronse a coñecer novas claves do mercado laboral introducindo novas ferramentas para facilitar o encontro entre empresas e demandantes de emprego.

Para a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, o evento foi todo un éxito. “Espazos novos como o de mentoring funcionaron”, sinalou a edil a Nós Televisión. As contas dan a razón, por el pasaron 440 persoas.

Grande participación

Xavier Ferreiro, coordinador técnico de Talentia 2018, explica a Nós Televisión en cifras a importancia deste evento. Polo Pazo de Congresos de Santiago pasaron os días 13 e 14 de novembro preto de 3.500 persoas e deixáronse arredor de 4.500 currículos.

Segundo explica Ferreiro no evento xestionáronse 360 postos de traballo e un total de 783 persoas participaron nas actividades de formación, certificación e desenvolvemento do talento

Catro espazos reuniron empresas que presentaron os seu programas de captación de talentos, informouse de como obter as acreditacións máis axeitadas, realizáronse obradoiros e entrevistas laborais. A organización deixou aberta a posibilidade de que o evento teña continuidade no futuro.