A primeira edición da Feira de Emprendedoras xira entorno á artesanía. Nace en Compostela co obxectivo de achegar á cidadanía as diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres. A xornada comezou cunha actividade formativa dirixida a mulleres que emprenden. Tamén houbo un debate entre mulleres cunha longa traxectoria no eido artesanal e outras que se están iniciando. E por suposto, a propia feira na que as mulleres puideron expoñer o seu traballo.

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego