Home Programas Espazo Aberto A figura de Rosalía de Castro mantense viva no Festival Abride a Fiestra

A figura de Rosalía de Castro mantense viva no Festival Abride a Fiestra

0
A figura de Rosalía de Castro mantense viva no Festival Abride a Fiestra

Padrón acollerá a segunda edición do Festival Abride a Fiestra que ten o obxectivo de abrir as portas da casa da escritora para que quen se achegue coñeza máis sobre a súa vida e obra. Imos ata a Casa-Museo de Rosalía para saber máis:

Nesta edición haberá recitais de poesía, concertos, proxeccións e visitas guiadas, entre outras moitas actividades que están dirixidas a todas as idades. A Fundación Rosalía de Castro tamén entregará a Rosa de Galicia, premio que este ano recibirá a familia de Xosé Villar Grajel.