A ficción, unha importante ferramenta para visibilizar a loita feminista

A escritora Antía Yáñez vén de publicar ‘Senlleiras’, “a novela das mulleres que rachan co silencio”

Co paso dos séculos, a sociedade ten evolucionado cara á igualdade. Mais, tan diferentes son os nosos comportamentos dos que caracterizaban aos nosos devanceiros? Na recentemente publicada novela Senlleiras, a escritora Antía Yáñez tece as vidas de varias mulleres de diferentes épocas, todas elas caracterizadas por teren que combater a unha sociedade que as oprime.

Os xornais daquela época tiñan titulares moi semellantes

Trátase dun relato de ficción acompañado dun intenso traballo de documentación, con recorrentes mencións a novas reais publicadas en xornais xa extintos coma A Nosa Terra ou El Orzán. “As novas [sobre violencia machista] daquela época tiñan titulares moi semellantes”, sinala a autora da obra. ‘Crime paixoal’ era un dos xeitos nos que se facía referencia aos asasinatos de mulleres polas súas parellas, segundo apunta Yáñez. Precisamente un dos obxectivos deste libro é “axudar ao lector a decatarse pouco a pouco [destas situacións]”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Son mozas loitadoras, soñadoras, que non dubidan en plantaren cara ás normas impostas polos homes que as sinalan como inferiores. Mulleres distintas mais, a fin de contas, cunha meta común: pular por unha sociedade máis xusta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -