A fibra óptica, máis preto de chegar á zona vella de Compostela

O Concello encomenda ao Consorcio o soterramento do cableado aéreo no cruce das rúas do centro histórico

O Concello de Santiago quere solucionar por fin o que vén sendo unha necesidade nos últimos anos: dotar de fibra óptica á “amendoa” que conforma a zona vella do municipio. A Xunta de Goberno acordou este venres encomendar ao Consorcio o soterramento do cableado aéreo no cruce das rúas do centro histórico compostelán, nunha operación que comezaría na rúa de San Francisco.

Comezarase pola rúa de San Francisco

Unha das dificultades que entraña a instalación da fibra óptica na “amendoa” é que o Plan Especial da Cidade Histórica impide instalar novo cableado. A solución proposta polo Goberno local pasa por mudar os actuais cables de cobre por outros de fibra óptica, para dotar deste servizo á veciñanza da zona.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -