O Banquete de Conxo presenta na súa segunda edición unha novidade con respecto ao ano anterior: o primeiro día, venres 3, estará dedicado ao desfrute dos cativos. A representación teatral “Pequeno Banquete” e a xincana xuvenil son algunhas das actividades programadas para ese primeiro día de festa.

Xa na fin de semana haberá un programa semellante ao da primeira edición: roteiro botánico, postos de comida, desfile, pregón, representacións teatrais, concertos, mercado do libro e da artesanía…. Ademais, esta festa será o primeiro evento que seguirá a guía de eventos sustentables, fomentando a reciclaxe coa colocación de contedores de recollida selectiva e o uso de ecovasos. Marta Lois, concelleira de Turismo, anima á xente a acudir a esta festa porque está dirixida a todos os públicos e ademais conmemora a historia do barrio, o acontecido o dous de marzo de 1856.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -