Por quinto ano consecutivo, o concello converterase en capital da autocaravana grazas á feira ‘Caravaning Compostela’, un evento único en Galicia. A principal novidade deste ano será a duración, xa que se desenvolverá en dúas fins de semana: do 4 ao 6 e do 11 ao 13 de maio.
O obxectivo é consolidar un encontro que o ano pasado reuniu a preto de 35.000 persoas. O propio organizador desta feira salienta que Galicia ten “potencial” para ser o “destino ideal” do turismo de caravana. Coma tódolos anos, este evento celebrarase no centro comercial Área Central, un espazo “único” na cidade que se atopa nun proceso de “reverdecemento”.
Do 4 ao 13 de Maio en Área Central
O venres 11, Rubén Prieto, actor e colaborador do programa ‘El Hormiguero’, ofrecerá un coloquio para falar da súa experiencia como “autocaravanista”, namentres o sábado 12 será a quenda das persoas que conforman o blogue de viaxes ‘La gaviota viajera’. Así e todo, Área Central acollerá un evento que amosa toda unha “forma de vida” para as e os amantes do mundo da caravana.
Caravaning Compostela forma parte do esforzo que realiza Área Central por ofrecer un calendario anual de eventos que resulten atractivos e enfocados cada un deles a públicos determinados; o que serve para complementar a oferta comercial, de restauración e de servizos de Área Central.