Home Programas Espazo Aberto A FAPE conclúe que o artigo tránsfobo de La Voz de Galicia é discriminatorio

A FAPE conclúe que o artigo tránsfobo de La Voz de Galicia é discriminatorio

0
A FAPE conclúe que o artigo tránsfobo de La Voz de Galicia é discriminatorio

Novo revés para La Voz de Galicia. O Comité de Arbitraje, Quejas y Deontología da Federación de Asociaciones de Periodistas de España fixo chegar aos colectivos trans galegos a súa resolución sobre o artigo tránsfobo que Jose Francisco Sánchez publicou no mes de agosto.

O organismo declara que tanto o autor, coma o medios por non supervisar de xeito adecuado, violaron os seguintes artigos:

  • 1.7.a) “porque varias das súas expresións e afirmacións supoñen un contido discriminatorio.”
  • 1.4.c) “Tratando contidos nos que median elementos de dor e aflición, non se evitan as intromisións e especulacións gratuítas.”
  • I.4.e) Ao abordar cuestións que afectan á infancia e á xuventude, “non mantén o debido coidado.”

No documento remitido tamén se recollen as alegacións da Voz de Galicia, nas que o medio se sitúa como defensora “inequívoca” da diversidade social. Mesmo recollen artigos que, en teoría, reafirman esa posición. Varios deles, coma un no que se trataba a relación afectiva de dúas futbolistas, foi viral nas redes sociais polo seu polémico tratamento informativo.

A resposta da FAPE é que publicar contidos sobre o colectivo LGBT+ “non exime de responsabilidade” da publicación de resto de contidos, polo que non valora a alegación do medio.

Os colectivos galegos que presentaron a queixa (ALAS, AMIZANDO, ARELAS, Asociación Agrocuir da Ulloa, Avante LGTB, GOTAS, Les Coruña, Nós Mesmas e Ultreia LGTBI) consideran a resolución como “moi positiva” e un precedente importante, tendo en conta que xa houbo outros artigos discriminatorios noutros medios.